lunes, 26 de diciembre de 2011

Bolos navideños!!!!

Os bolos é un xogo que me encanta, non son moi boa, pero é super divertido!!! os nenos pásano incrible; aquí vos deixo un titorial para que fagades o voso propio xogo... con botellas de plástico, pintura e unha pouca terra para que pesen...


















1. paso, recuperar do lixo 10 botellas de refresco!!!!.......
























qué divertido!!!!!
visto aquí

martes, 20 de diciembre de 2011

decoración navideña!!!

Unha decoración navideña preciosa e moi sinxela de facer: colle papel, tesouras e fio, nada máis ..... Tedes varios video-titoriais aquí 














e aquí

lunes, 19 de diciembre de 2011

crea os xogos dos nenos!


















Cuns tacos de madeira, pinceis, pintura... xa tes listos todos os puzzles que queiras!!!!!
visto aquí

recicla bombillas























Despois dunha semana de relax.... volvo a carga!!!
gustoume esta girnalda feita con bombillas pegadas nun soporte circular de madeira pintada!!!!
visto aquí

jueves, 1 de diciembre de 2011

ideas para os máis peques!!

Encontrei estas delicias!!
visto aquí























brutais estas cabeciñas decorativas feitas con botellas de suavizante e tapas varias... unhas tesoiras, arame e a pasalo ben facendo estos touros coloristas que alegraran a casa e divertirán aos máis pequenos ou non tan pequenos..je je je
























é unha verdadeira pena tirar a cuniña unha vez crecen os nenos.. aquí tedes unha idea para non ter que facelo..... a pintura de pizarra é xenial.... queda moi ben pintar unha das paredes da habitación.. teñen onde dibuxar onde deixar correr a súa imaxinación...; e so cun pano, ten outra folla lista para volver a empezar..........





martes, 29 de noviembre de 2011

Como reciclar papel!!!

Tiña moitas ganas de meter esta entrada: todos sabemos o que contaminan as fabricas de papel, esta é unha maneira facil de reutilizar o papel sobrande que se xenera no noso fogar.  No meu, é iso que somos dous, é unha cantidade increiblemente insoportable....
Imos facer papel reciclado, ecolóxico e sen aditivos químicos
Este titorial axudarate a saber cómo se pode facer papel dunha maneira totalmente non contaminante, comprovaremos o sinxelo que é reutilizar materias primas para crear un papel atractivo que pode servir para múltiples aplicacions.

 












Ingredentes:
Podemos utilizar prácticamente case todos os tipos de papel: hixiénico, de periódico, branco, papel de empapelar, de cores... Ademáis de papel, poderemos incorporar no proceso follas, pétalos, espigas, purpurina …

Procedemento:
O primero que facemos é recortar en trozos pequeniños os distintos tipos de papel.
Despois, cando xa teñamos suficiente, poñemos o papel nunha palangana cunha parte de papel e dúas de augua (sempre o dobre de auga). Se o papel conten tinta poñeremos a auga moi quente para eliminar restos de tinta. A continuación pasámoslle a batidora ata que quede unha masa homoxénea.
Despóis deíxase reposar ata o día seguinte. Pasado este tempo é o momento de utilizar o escurre verduras para eliminar o exceso de auga, unha vez ben escurrido pasámolo por debaixo do grifo con auga fría para deixar a pasta ben aclarada. Escurrimos novamente a pasta e xa o tenemos casi listo.
Collemos cunha culler e vertemos a pasta na rexilla mallada e extendémola ao noso gusto; este proceso determinará o tamaño da nosa lámina de papel reciclado.






















Unha vez extendido colocamos unha tea enrriba da pasta de papel e volteamos a malla, retirámola con coidado…
 Neste momento é cando lle podemos poñer follas, pétalos… todo o que se che ocorra, queda moi chulo. Nunhas horas no verán ou nun día no inverno xa temos o papel seco.
Podemos poñer, durante un corto periodo de tempo, peso enrriba da tea para que o noso papel reciclado quede máis fino. Posteriormente cando a tea absorbera toda a agua, retirarémola e deixaremos a lamina de papel secarse durante polo menos un día.

E listo: xa podemos utilizar o noso papel para todo o que a nosa imaginación nos deixe.

Bolso interesante!!!!

Ola!,  aquí vos deixo un titorial faciliño para facer un bolso utilizando un vaqueiro que teñades roto ou que xa non poñades... seguide paso a paso as fotos; eu estouno facendo, cando termine subirei o resultadooooo!!!
visto aquí:















































aquí tedes máis posibilidades de bolsos

viernes, 25 de noviembre de 2011

Necesitades teñir teas!!! mirade isto!!

Unha forma natural de teñir teas... con pel de cebola, froita, verduras ...
mirade, mirade....  























É importante ter en conta cando se traballa con tintes naturais que a experimentación é a clave - dependendo da cantidade de ingredientes que utilizas e cánto tempo deixas a roupa no tinte, a cor pode variar.
O primeiro paso, de que cor queres a prenda.... ?
 - se queres un vermello: a remolacha é o que necesitas
 - se queres tintes azulados ou morados: as moras e a col vermella
 - para o laranxa sirve a cebola amarela

Cando xa teñas claro qué cor queres pasamos ao segundo punto; por exemplo se queremos o laranxa, quitámoslle a pel a cebola e poñemola a ferver.. logo a cociñar a fogo lento durante unha hora; para cores máis intensas, podes deixar os ingredentes na auga sen calor durante toda a noite. No seguinte paso retiraremos os materiais duros da mezcla cun colador, deixando o colorante líquido.


















Despois temos que preparar a tea a teñir....

Crearemos un fixador, que axudará a que o teu texido manteña o tinte:

 - Cando se traballa coas baias, usaremos un fixador de sal: poñer 1 / 2 taza de sal en 8 tazas de auga, poñer a tea e cociñar a fogo lento durante unha hora.
 - Cando se traballa coas verduras, utilizaremos un fixador de vinagre: mezcla dunha parte de vinagre e catro partes de auga, añadir a tea e cociñar a fogo lento durante unha hora.

Cando se quita a tea, enxuague con auga fría.
A tea xa está lista para teñir!
Para rematar metemos a tea no tinte e deixámola a remollar; o tempo que a deixes vai determinar a intensidade que teña a túa tea....


martes, 15 de noviembre de 2011

animaliños feitos coa natureza!!

Máxicos estos animaliños feitos con piñas, follas, bellotas .....
visto aquí

































se queredes ir ao apartado de titoriais pinchade aquí


jueves, 10 de noviembre de 2011

Girnalda papel periódico...

















Nestas datas gástamos moito en decoración para festexar o nadal: aquí tedes unha idea guachi para decorar sen gastar e pasando un bo rato... so precisades papel de periódico pegamento e pintura...
tedes o titorial aquí















estas flores non veñen explicadas no titorial superior así que aquí tedes a ligazón
eu acabo de coller periódicos no chollo para poñerme esta tarde a facela é un bo agasallo...

viernes, 4 de noviembre de 2011

alfombra de tea!! reutiliza a roupa que non sirve

Titorial para reutilizar roupa que non sirve: camisolas, saias, camisas ...


















podes encontrar o video tutorial pinchando aquí


















esta alfombra encantame, pincha aquí para ver como se fai, é moi facil

jueves, 3 de noviembre de 2011

Xoias, carteiras, botes feitos con papel!!!

Como facer unha pulseira con papeis dos sugus!!!














podes encontrar o titorial aquí! pulseira
se prefires un video titorial pincha aquí 
encontrei un enlace a un video de youtube onde se aprende a COSER as tiras para facer unha carteira ou o que desexes, mirade esta ligazón

e non so podes facer unha pulserira; deixa voar a túa imaxinación, unha vez aprendida a técnica podes aplicala a diversos formatos, moedeiros, estuches, caixas etc...


se queredes facer un cesto como o que vos enseño a continuación pódedelo utilizar para a froita, teas, trapos ou o que queiras.... pincha aquí




















Mirade este titorial válevos o bote de nescuick.....
pincha aquí 



















se queres ver máis titoriais fai click aquí!