martes, 29 de noviembre de 2011

Como reciclar papel!!!

Tiña moitas ganas de meter esta entrada: todos sabemos o que contaminan as fabricas de papel, esta é unha maneira facil de reutilizar o papel sobrande que se xenera no noso fogar.  No meu, é iso que somos dous, é unha cantidade increiblemente insoportable....
Imos facer papel reciclado, ecolóxico e sen aditivos químicos
Este titorial axudarate a saber cómo se pode facer papel dunha maneira totalmente non contaminante, comprovaremos o sinxelo que é reutilizar materias primas para crear un papel atractivo que pode servir para múltiples aplicacions.

 












Ingredentes:
Podemos utilizar prácticamente case todos os tipos de papel: hixiénico, de periódico, branco, papel de empapelar, de cores... Ademáis de papel, poderemos incorporar no proceso follas, pétalos, espigas, purpurina …

Procedemento:
O primero que facemos é recortar en trozos pequeniños os distintos tipos de papel.
Despois, cando xa teñamos suficiente, poñemos o papel nunha palangana cunha parte de papel e dúas de augua (sempre o dobre de auga). Se o papel conten tinta poñeremos a auga moi quente para eliminar restos de tinta. A continuación pasámoslle a batidora ata que quede unha masa homoxénea.
Despóis deíxase reposar ata o día seguinte. Pasado este tempo é o momento de utilizar o escurre verduras para eliminar o exceso de auga, unha vez ben escurrido pasámolo por debaixo do grifo con auga fría para deixar a pasta ben aclarada. Escurrimos novamente a pasta e xa o tenemos casi listo.
Collemos cunha culler e vertemos a pasta na rexilla mallada e extendémola ao noso gusto; este proceso determinará o tamaño da nosa lámina de papel reciclado.






















Unha vez extendido colocamos unha tea enrriba da pasta de papel e volteamos a malla, retirámola con coidado…
 Neste momento é cando lle podemos poñer follas, pétalos… todo o que se che ocorra, queda moi chulo. Nunhas horas no verán ou nun día no inverno xa temos o papel seco.
Podemos poñer, durante un corto periodo de tempo, peso enrriba da tea para que o noso papel reciclado quede máis fino. Posteriormente cando a tea absorbera toda a agua, retirarémola e deixaremos a lamina de papel secarse durante polo menos un día.

E listo: xa podemos utilizar o noso papel para todo o que a nosa imaginación nos deixe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario