viernes, 25 de noviembre de 2011

Necesitades teñir teas!!! mirade isto!!

Unha forma natural de teñir teas... con pel de cebola, froita, verduras ...
mirade, mirade....  























É importante ter en conta cando se traballa con tintes naturais que a experimentación é a clave - dependendo da cantidade de ingredientes que utilizas e cánto tempo deixas a roupa no tinte, a cor pode variar.
O primeiro paso, de que cor queres a prenda.... ?
 - se queres un vermello: a remolacha é o que necesitas
 - se queres tintes azulados ou morados: as moras e a col vermella
 - para o laranxa sirve a cebola amarela

Cando xa teñas claro qué cor queres pasamos ao segundo punto; por exemplo se queremos o laranxa, quitámoslle a pel a cebola e poñemola a ferver.. logo a cociñar a fogo lento durante unha hora; para cores máis intensas, podes deixar os ingredentes na auga sen calor durante toda a noite. No seguinte paso retiraremos os materiais duros da mezcla cun colador, deixando o colorante líquido.


















Despois temos que preparar a tea a teñir....

Crearemos un fixador, que axudará a que o teu texido manteña o tinte:

 - Cando se traballa coas baias, usaremos un fixador de sal: poñer 1 / 2 taza de sal en 8 tazas de auga, poñer a tea e cociñar a fogo lento durante unha hora.
 - Cando se traballa coas verduras, utilizaremos un fixador de vinagre: mezcla dunha parte de vinagre e catro partes de auga, añadir a tea e cociñar a fogo lento durante unha hora.

Cando se quita a tea, enxuague con auga fría.
A tea xa está lista para teñir!
Para rematar metemos a tea no tinte e deixámola a remollar; o tempo que a deixes vai determinar a intensidade que teña a túa tea....


No hay comentarios:

Publicar un comentario